Página Principal

Listado de ayudas

NOTICIAS ECONÓMICAS#COVID-19

-->> Vigo Impulsa asesora a 1.312 autónomos e pequenas empresas dende o inicio da pandemia

Fuente: Concello de Vigo
08/02/2021

Abel Caballero fixo balance este luns do desenvolvemento deste programa municipal de reactivación económica e social dirixido a autónomos e micropemes no contexto da pandemia do Covid 19. O programa prestou asesoramento a 137 usuarios do programa na cidade contribuíndo á implantación de 240 medidas.
O rexedor explicou que o goberno municipal transformou un proxecto destinado ao programa europeo EDUSI neste programa de apoio inmediato a empresas e autónomos co obxectivo de canalizar as cuestións que afectan directamente á actividade empresarial da cidade por mor da pandemia, para buscar a reactivación da actividade de autónomos e micropemes "que foron a parte máis damnificada no aspecto económico" neste contexto de crise e para minimizar o impacto económico e social desta situación.

Así, Vigo Impulsa ofreceu desde a primeira metade de 2020 información e orientación sobre o desenvolvemento da actividade empresarial e acompañamento na implantación das medidas para adaptarse ao novo contexto e para buscar financiamento.

O programa municipal prestou 1.312 servizos de atención e información a empresas autónomos a través de teléfono, correo electrónico ou o formulario da web do Concello e atendeu 137 empresas: 24% de servizos a empresas, 15% de actividades culturais, formativas e de ocio, 12% de hostalería e turismo, un 9% de actividades deportivas así como empresas de estética e peiteado, comercio de roupa e complementos, tenda online, dietética, animación infantil... Estas empresas foron asesoradas na implantación de 240 medidas para adaptarse ao novo contexto no ámbito da seguridade sanitaria, para solucionar necesidades financeiras a curto prazo e medidas concretas de promoción online, asesoramento xurídico e financeiro, novas liñas de negocio ou análises de negocio. A web do programa tivo 1.119 usuarios neste período e realizou 2.118 sesións con estas empresas.

Segundo detallou o alcalde, Vigo Impulsa traballou con autónomos e empresas nas habilidades dixitais para adaptarse ás esixencias da nova realidade; na formación empresarial especialmente en marketing e finanzas; na implementación de sinerxías para buscar solucións coordinadas en situacións de crise e detectou colectivos especialmente prexudicados pola situación despois do confinamento do ano pasado: centros de ocio infantil, danza, salas de concerto e ocio nocturno, artistas e autónomos de temporada e os servizos de hostalería e turismo, academias, inmobiliarias, centro de coworking?

Caballero, acompañado do concelleiro de Emprego, Abel Losada, así como de Alba Valdés e Almudena Gray, responsables da área de innovación e emprendemento de InovaLabs Digital, eloxiou o "bo traballo" realizado polo programa que "prestou axuda a sectores importantes" e avanzou o lanzamento de outras iniciativas municipais. Amais, sinalou que demandará axudas á Xunta de Galicia para que atenda a estas empresas, a través dos consellos interterritoriais do Goberno de España coas comunidades autónomas xa que "deben multiplicar a súa capacidade de actuación porque teñen recursos" que non chegan ás empresas, singularmente en Galicia, apuntou, logo de teren recibido recursos do Goberno de España e de Europa.