Página Principal

Listado de ayudas

NOTICIAS ECONÓMICAS#COVID-19

-->> A Xunta remata a rolda de contactos para pechar o deseño do segundo Plan de rescate e inicia a tramitación administrativa

Fuente: Xunta de Galicia
02/02/2021

Tramitarase con prioridade para pagar as axudas coa máxima urxencia para que os apoios cheguen o antes posible aos sectores máis afectados pola covid-19 e coa mesma axilidade que co primeiro Plan

Como novidade, incluirase unha liña específica de axudas para outras actividades económicas pechadas como consecuencia das restricións sanitarias ademais da hostalería, como ximnasios, ocio infantil e actividades de feira, entre outros

O Goberno galego mobilizará máis de 160 millóns en 90 días destinando a este segundo Plan un total de 75 millóns para axudar ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e os establecementos hostaleiros

Lorenzana puxo en valor o consenso acadado cos autónomos, patronal e sindicatos para poñer en marcha este segundo Plan, ao igual que xa ocorrera co primeiro
A Xunta rematou hoxe, tras reunirse cos integrantes da mesa do diálogo social de Galicia (CEG, CC.OO e UXT), a rolda de contactos para pechar o deseño do segundo Plan de rescate e iniciará mañá a tramitación administrativa coa máxima prioridade posible para que as axudas cheguen con urxencia aos autónomos, microempresas e establecementos hostaleiros. Así o destacou a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, tras a xuntanza celebrada en Santiago de Compostela co patronal e sindicatos. A conselleira comprometeuse a tramitar e pagar as axudas coa mesma axilidade que co primeiro Plan. Deste xeito, a Administración autonómica ten mobilizados en 90 días máis de 160 millóns de euros: aos 86,2 millóns do primeiro Plan sumaranse os 75 millóns do segundo.

Lorenzana puxo en valor o consenso acadado cos autónomos, patronal e sindicatos para poñer en marcha as novas axudas, ao igual que xa ocorrera cos primeiros apoios. En palabras da titular de Emprego e Igualdade, o Plan activarase de inmediato para que as contías económicas cheguen a máis, con menos requisitos, máis rápidas e acumulables co primeiro Plan de rescate. A conselleira incidiu en que a tramitación da Xunta é áxil e eficaz e elimina burocracia, tal e como se demostrou co reparto do primeiro Plan, co pago dun 70% das peticións antes de que rematara o prazo de solicitude.

Entre as novidades do novo Plan destaca o importe das contías, que será maior en función das porcentaxes de perda acreditadas polos solicitantes. Os autónomos, ademais, non terán que acreditar ser beneficiarios de prestación por cese de actividade e tampouco se lles esixirá ás microempresas ter activo ou ter pasado por un ERTE para optar aos cartos.

No caso da hostalaría, os apoios faranse extensivos aos establecementos que deban permanecer pechados por recomendación sanitaria, aos que soamente poden servir comidas para levar o de envío a domicilio e mesmo aos negocios que no mes de xaneiro so puideron traballar coas terrazas operativas.

Ademais, o Plan contará cunha liña específica de axudas para outros sectores diferentes ao da hostalería que tamén deben permanecer pechados a causa das restricións sanitarias como son os negocios de ocio infantil, ximnasios ou actividades de feira, entre outros.