Página Principal

Listado de ayudas

NOTICIAS ECONÓMICAS#COVID-19

-->> O alcalde estudará cos estaleiros vigueses unha proposta conxunta para optar a fondos europeos

Fuente: Concello de Vigo
22/10/2020

O rexedor participou este xoves na inauguración do congreso internacional Maritime Trends Summit ,que organiza Asime para abordar co sector a situación actual e as perspectiva de futuro, no que apuntou que é imprescindible que o naval de Vigo presente un proxecto para concorrer aos fondos europeos de reconstrución económica.

Abel Caballero avanzou que iniciará unha rolda de contactos con tódolos estaleiros de Vigo para estudar a presentación dunha proposta conxunta de mellora "engarzada nos fondos de industria de Europa. Hai que poñer ao naval da cidade na vangarda da tecnoloxía e nas melloras da produtividade para incrementar ao máximo a súa competitividade".

Así, explicou que xa ten realizado un primeiro contacto con Barreras ao que seguirá co resto de estaleiros vigueses, coa industria auxiliar, con Asime e cos sindicatos para poñer en común un proxecto de utilización dos fondos europeos no retornables co obxectivo de facer melloras tecnolóxicas e avanzar na modernización.

O alcalde sinalou que Vigo conta coa maior agrupación de estaleiros privados de Europa nun territorio conexo polo que "é imprescindible que o mundo do mar de Vigo entre no ámbito dos proxectos europeos e que o conxunto do naval de Vigo presente un proxecto a Europa" para os 72.000 millóns de euros dos fondos europeos.