Página Principal

Listado de ayudas

NOTICIAS ECONÓMICAS#COVID-19

-->> Abel Caballero anuncia un Plan de Reactivación e Reconstrución Económico e Social cun investimento de 1.000 millóns en tres anos

Fuente: Concello de Vigo
09/07/2020

O alcalde de Vigo avanzou este xoves as liñas xerais do Plan de Reactivación e Reconstrución Económica e Social Post-Covid19 do Concello de Vigo. Segundo indicou, está previsto investir 1.000 millóns de euros con fondos municipios e do Goberno central, Deputación e Zona Franca. "Trátase do plan máis ambicioso que houbo nunca na historia de ningunha cidade de España", apuntou Caballero.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves da iniciativa posta en marcha polo Concello para reactivar a cidade tras a crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19. Segundo informou o rexedor en rolda de prensa, xa está en marcha o Plan de Reactivación e Reconstrución Económica e Social Post-Covid19 para mobilizar un total de 1.000 millóns de euros no prazo de tres anos.

“O obxectivo é actuar en dúas fases, unha de acción inmediata cun plan de choque, e outra a corto e medio prazo”, sinalou Caballero durante a súa comparecencia telemática ante os medios de comunicación. O alcalde destacou que o Concello contará coa achega de fondos por parte do Goberno central, a Deputación de Pontevedra e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Humanizacións

Así, apuntou que se iniciará a cuarta xeración de humanizacións en Vigo cun importante investimento en obra pública que chega ata os 250 millóns de euros. Entre as actuacións que están incluídas o alcalde mencionou a reforma da Avenida de Madrid, o carril bici na Avenida de Europa e as humanizacións de Serafín Avendaño, Heraclio Botana, Roupeiro, García Barbón (Rosalía – Isacc Peral), Martínez Garrido (Fase 4), rúa A Garda, Rosal, Colombia (Fase 2), Antonio Cominges, Rúa México, Rúa Burgos, Valladolid, Julia Minguillón, Vista Alegre, Romil (Fase 1 desde rúa Ourense), Bueu, Simancas, Troncoso, Pilar, López de Neira, Doctor cadaval, Tercio de Afora, Gregorio Espino (Fase 4), Pontevedra (de Arenal a Rosalía), Gran Vía (entre Urzaiz e María Berdiales e entre Venezuela e Praza América), Val Miñor (fronte Balaídos), Aragón (Fase 6), Calexón Rosalía de Castro, conexión peonil Navia, Sampaio, Paseo Marítimo de Bouzas, 100 humanizacións no rural, Taboada Leal, Hispanidade, Ronda de Don Bosco e Estrada Porto.

Cultura e Vigo Vertical


En relación a infraestruturas culturais, Abel Caballero indicou que se vai a construír a Biblioteca do Estado, Biblioteca de Teis, a Escola de Música de Bembrive, o Auditorio de Coruxo e o Torreiro Valadares. No relativo a accións medioambientais, o Anel Verde, Vía Verde e recuperación do río Lagares, entre Cabral e a desembocadura. Sobre mobilidade vertical levarase a cabo o elevador de conectividade en Vía Norte, o do Centro de Saúde de Teis, catro ascensores e ramplas máis e a escaleira da rúa Talude (Col. Mariano).

Abastecemento e saneamento


A nova ETAP do Casal será outra das actuacións incluídas no plan, así como a Estación de Bombeo de Augas Residuais de Bouzas e o saneamento das ráus Dona Fermina, Camelias, Hispanidade, Marqués de Alcedo, Jacinto Benavente, Filipinas, Bueu, a eliminación de verquidos en parroquias, os depósitos do Meixoeiro, Monte Cepudo e Bembrive e a drenaxe en Puxeiros (Estrada Vella).O capítulo de infraestruturas municipais inclúe o Estadio de Balaídos, coa nova grada de Marcador, o Parque de Bombieros, a lonxa do Concello e a cuberta do tranvía na Avenida de Castelao.

Deportes e Educación

Caballero explicou tamén que no apartado de deportes se acometerá a obra da terraza do pavillón de Romil e os pavillóns do Carballal e Matamá, así como os campos de fútbol de Santa Mariña, A Guía, Fragoselo e a iluminación do campo fútbol do Vao. No tocante a Educación, inclúe 15 novas cubricións de patios de colexios e das pistas deportivas de Zamáns, Frián e Villalaura, mentres que no apartado social construirase o local para as peñas do Celta na grada de Tribuna e a reforma do edificio da Praza da Princesa.

Fondos europeos, Goberno e Zona Franca

Tamén haberá fondos para reformar as prazas de España, Elíptica e Miñoca, mentres que os fondos europeos inclúen a Porta do Sol e a Gran Vía e desde o Goberno de España, a baixada e a Praza da Estación, o túnel de Lepanto e as intersticiales.

O alcalde mencionou tamén a achega de 150 millóns por parte de Zona Franca, con empresas de capital risco, a ampliación do Polígono de Balaídos, a do PTL, solo industrial en A Garrida e o Business Car Vigo.

Urbanismo e taxas


No referente á rexeneración urbana, Abel Caballero comprometeu axilidade na concesión de licencias, o desenvolvemento do PXOM e a recuperación do Barrio do Cura e a Panificadora. Ademais, lembrou os anuncios feitos durante os últimos días para eliminar as taxas municipais ao pequeno e mediano comercio (vados, lixo, auga, Icio, licenzas).

Mercados, Cultura, Deportes e Festas


Outro dos anuncios do alcalde foi a creación dunha plataforma online (mercaenvigo.es) para centralizar as ventas dos establecementos comerciais. Tamén apuntou que o Concello continuar coa política social iniciada durante a pandemia para protexer aos cidadáns con menos recursos. Desde as concellerías de Deportes, Cultura e Festas xa están en marcha os plans de reactivación sectorial tras os contactos mantidos durante os últimos meses.

"Trátase do plan máis ambicioso que houbo nunca na historia de ningunha cidade de España", apuntou Caballero. O alcalde reunirá a semana que vén por vía telemática aos sectores económicos para contarlles o plan, recoller a súa opinión e levala ás mesas sectoriais para elaborar un grande pacto social da cidade.