Listado de Medidas

Listado tabla de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> II Plan de rescate da Xunta de Galicia. Liña 1
DOG Num.33, xoves 18 de febrero de 2021
Organismo : Consello da Xunta de Galicia
Organismo gestor: Consellería de Emprego e Igualdade

Bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Esta convocatoria tramítase ao abeiro do disposto no Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos, consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantías de préstamos e bonificacións de tipos de xuro en préstamos destinados a apoiar a economía no contexto do actual gromo de COVID-19 (Marco nacional temporal), notificado inicialmente o 27 de marzo de 2020 á Comisión Europea que, mediante Decisión da Comisión, do 2 de abril de 2020 (C (2020) 2154 final, sobre axuda estatal SA.56851 (2020/N), declarou as axudas amparadas no dito marco compatibles co mercado interior. As decisións SA.57019 (2020/N), SA.58778 (2020/N) e SA.59196 (2020/N) aproban as posteriores modificacións do marco.

Os recursos que se destinarán aos programas contidos nesta orde son os seguintes:

– Programa I persoas traballadoras autónomas: axudas ás persoas traballadoras autónomas, incluídas as persoas autónomas societarias. Este programa está financiado con 30.000.000,00 €, susceptibles de ser financiados polo FSE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, dentro dos cales 5.000.000,00 € están reservados a aqueles sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.

– Programa II microempresas: axudas as microempresas, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo. Este programa está financiado con 30.000.000,00 € con cargo aos fondos finalistas e propios da Comunidade Autónoma, dentro dos cales 5.000.000,00 € están reservados a aqueles sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.

En canto ao procedemento de concesión, establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e co obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Neste marco de actuación, as bases reguladoras axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en especial no relativo aos principios de transparencia, eficacia e eficiencia na xestión, no Decreto 11/2009, do 9 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.