Medida de apoyo

Medida de apoyo

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Concesión de subvenciones para el desarrollo de  proyectos  de  programación  musical  en salas privadas
DOG Num.20, lunes1 de febrero de 2021
Organismo : Consello da Xunta de Galicia
Organismo gestor: Axencia Galega das Industrias Culturais
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, se-gundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas  e  industrias  culturais  privadas,  dentro  do  obxectivo  xenérico  de  promoción  e  fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a di-fusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores.
 
A situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 obrigou a adaptar as maneiras de relacionarse e á adopción dunha serie de medidas en canto á mobilidade de persoas e ao exercicio de actividades sociais e económicas para conter o avance da epidemia, pro-texer as persoas do risco de contaxio e garantir actividades consideradas esenciai.
 
Esta situación supón un notable impacto na economía tanto a nivel nacional como in-ternacional e neste contexto, a actividade cultural enfróntase a grandes dificultades eco-nómicas pola interrupción da súa actividade, que lle impide ao sector continuar con esta dunha forma segura e estable para recuperar a normalidade en canto sexan eliminadas as circunstancias excepcionai.
 
O  día  30  de  abril  de  2020,  por  acordo  do  Consello  da  Xunta  de  Galicia,  apróbase  o  Plan  de  reactivación  dos  sectores  cultural  e  turístico  fronte  aos  efectos  derivados  da  COVID-19,  co  que  se  adoptou  un  paquete  de  medidas  dirixidas  ao  sector  cultural  co obxectivo de paliar esta crise e reactivar o sector cultural e turístico, que se fixo público o día 5 de maio de 2020.
 
Un dos obxectivos do plan é reforzar as estruturas de programación e distribución e po-tencialas a través do Xacobeo 2021. Un dos eixes de actuación é a activación da industria cultural galega e dentro del recóllense as «Medidas de apoio ao sector da música». Por este motivo, o que repercute na oferta cultural da nosa Comunidade Autónoma, na promo-ción da lingua e cultura galegas e do evento Xacobeo 202.
 
As subvencións outorgaranse a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos estable-cidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados, o que, de ser o caso, se pu-blicará no Diario Oficial de Galicia. Xustifícase a excepcionalidade por canto nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover e manter a programación de actividade musical para evitar a súa desaparición e cooperando ao tempo co sector duramente afectado pola crise da COVID-19.
 
En consecuencia, e no uso das atribucións que me foron concedidas en virtude do dis-posto pola Lei 4/2008, do 23 de maio, e o Decreto 150/2012, do 12 de xullo, polo que se aproba  o  Estatuto  da  Axencia  Galega  das  Industrias  Culturais,  apróbase  a  convocatoria  pública  de  subvencións  para  o  desenvolvemento  de  proxectos  de  programación  musical  en  salas  privadas  habilitadas  legalmente  para  organizar  espectáculos  musicais  con  pú-blico, dentro da programación do Xacobeo 2021, e se procede a súa convocatoria para o ano 2021,