Listado de Medidas

Listado tabla de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Programa Cheques Dixitalización COVID-19
ORDEN do 18 de junio de 2020
DOG.Núm.118 - Xuño, 18 de junio de 2020
Organismo : Consello da Xunta de Galicia
Organismo gestor: IGAPE

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Iga-pe), na súa xuntanza do 18 de maio de 2020, acordou por unanimidade dos membros asis-tentes aprobar as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Empresarial, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e facultou o director xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.