Listado de Medidas

Listado tabla de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Servicio VIGO IMPULSA para la reactivación económica y social
Acuerdo Concello de Vigo
Organismo : Goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá.
Organismo gestor: Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local

O Concello de Vigo pon en marcha o servizo VIGO IMPULSA para a reactivación económica e social de Autónomos/as e Micropemes do Concello de Vigo, mediante un servizo de implantación de medidas que faciliten a súa adaptación ao novo contexto, asesorándolles a establecer medidas que faciliten o desenvolvemento de accións de rápido impacto na súa actividade nun curto período de tempo.

Este servizo ven a complementar as accións desenvolvidas polo Concello de Vigo co obxecto de atender todas as cuestións que afecten directamente á actividade empresarial da cidade de Vigo provocada pola actual crise sanitaria.

A prestación deste servizo para a reactivación económica e social incardínase dentro da Estratexia "DUSI Vigo Vertical", dentro do seu Obxectivo Temático 9, e estará coordinada polo Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local dependente da área de goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá.

Os/As interesados/as poden dirixir as súas consultas a través do formulario que se indica no seguinte enlace:

- ACCESO AO FORMULARIO

Os teléfonos de contacto son os que se indican a continuación:

A) Teléfono de contacto VIGO IMPULSA:

Teléfono: 650 253 950

Horario:

-Luns a xoves: 9:30 - 14:30 e 15:00 - 18:30

- Venres:                   9:30 - 15:30

E-mail:

- vigoimpulsa.info@vigo.org (24 horas)

B) Servizo de Información 010:

Teléfonos:

- 010: para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo.

- 986 810 260: para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo.

Horario:

- Luns a venres de 8:00 a 20:00 horas.

- Sábados de 10:00 a 14:00 horas.

E-mail:

- 010@vigo.org (24 horas)