Listado de Medidas

Listado tabla de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Bases generales de subvenciones festivales  de  artes  escénicas
ORDEN do 11 de junio de 2020
DOG.Núm.113 - Jueves, 11 de junio de 2020
Organismo : Consello da Xunta de Galicia
Organismo gestor: Axencia Galega das Industrias Culturais

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAISRESOLUCIÓN  do  28  de  maio  de  2020  pola  que  se  aproban  as  bases  xerais  de   subvencións,   en   réxime   de   concorrencia   competitiva,   a   festivais   de   artes  escénicas  e  se  aproba  a  súa  convocatoria  para  o  ano  2020  (código  de  procedemento CT213A)

Neste momento, sendo conscientes do momento crítico polo que está a pasar o sector cultural derivado da declaración do estado de alarma efectuada polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, como consecuencia da pandemia ocasionada polo COVID-19, e da crise producida a nivel social requírese a adopción de medidas e accións que permitan apoiar o sostemento dos festivais de artes escénicas de Galicia, a través da convocatoria destas bases.CVE-DOG: bx6pdi24-vbs8-bh38-9om2-zaauft8ubk85

RESOLVO:

Primeira. Aprobación e obxecto das bases reguladoras

Esta resolución, en desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e pre-vistos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Cultu-rais (Agadic), ten por obxecto establecer e aprobar as bases reguladoras das subvencións para o apoio a festivais de artes escénicas de carácter profesional celebrados en Galicia que,  polas  súas  características,  teñan  un  interese  estratéxico  para  o  sector,  e  aprobar  a  súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT213A).

Segunda. Normativa aplicable

A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto nesta resolución, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, á Lei 38/2003, do 17 de novem-bro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, á Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de xeral aplicación.