Listado de Medidas

Listado tabla de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Continuación de determinados procedementos  relativos  á  concesión  de  subvencións para  o  funcionamento  básico  dos  servizos 
ORDEN del 18 de mayo de 2020
DOG.Núm.102 - Jueves, 28 de mayo de 2020
Organismo : Consello da Xunta de Galicia
Organismo gestor: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Primeiro.  Continuar  o  prazo  de  presentación  de  solicitudes  nos  procedementos  de  concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria que se rela-cionan no anexo I, nos cales se indican, ademais, segundo os casos, os días que restan para a presentación de solicitudes ou a data final de presentación destas establecidos tendo en conta o período que faltaba para a súa finalización na data de entrada en vigor do Real decreto 463/2020.

Segundo. Autorizar a continuación da tramitación dos procedementos de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria que se relacionan no anexo II.

Terceiro. De conformidade coa disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito so-cial e económico para facer fronte ao COVID-19, o prazo para interpoñer recurso en vía administrativa ou para instar calquera outro procedementos de impugnación, reclamación, conciliación,  mediación,  arbitraxe  que  os  substitúa,  de  acordo  co  previsto  nas  leis,  com-putarase desde o día hábil seguinte á data de finalización da declaración do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrese desde a notificación da actuación administrativa obxecto de recurso, polo que no pé de recurso dos actos administrativos que se diten nos procedementos cuxa continuación se permite en virtude da presente orde, dos cales poidan derivar efectos desfavorables ou de gravame para as persoas interesadas, farase constar a devandita circunstancia.

Cuarto. A presente orde producirá efectos desde o día seguinte á data da súa publica-ción no Diario Oficial de Galicia.