Listado de Medidas

Listado tabla de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Aplicación de las Tasas Portuarias en el marco de la situación y efectos generados por el COVID-19 en relación a la actividad económica de los Puertos de Galicia
Aplicación Acuerdo Consellería do Mar-Portos de Galicia
Organismo : Xunta de Galicia - Consellería del Mar
Organismo gestor: Portos de Galicia
Debido ao notorio e grave impacto na actividade económica xeral e en especial no sector marítimo e pesqueiro, desde Portos de Galicia adóptanse as seguintes medidas en aras de contribuír coa tesoureira das entidades e empresas usuarias dos  portos  así  como  para  favorecer  a  liquidez  que  garanta  a  continuidade  da actividade unha vez superado o estado de alarma.

Primeiro
Aquelas liquidacións de taxas xa notificadas e nas que o prazo de pago voluntario vencese a partires do 18/03/2020, por aplicación do artigo 33.1 do RDL 8/2020, do 17 de marzo, aplicable aos tributos autonómicos por disposición do  artigo  53  do  RDL  11/2020,  do  31  de  marzo, o  novo  prazo  de  ingreso voluntario amplíase ata o 30/04/2020 momento ata o cal o contribuinte poderá solicitar os aprazamentos e os fraccionamentos previstos na lei xeral tributaria e nos regulamentos de recadación.

Segundo
Portos  deGalicia aprazará  a  emisión  de  liquidacións  de  taxasde forma  que   durante o  período  do  estado  de  alarma  e  dous  meses despois  da súa  finalización,  non  procederá  a  realizar  liquidacións  de  taxasen  período voluntario de pago previsto no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, respectando sempre o establecido no artigo 66 da Lei 58/2003, do  17  de  decembro,  Xeral  Tributaria,  pola  que  se  establece  a  prescrición  do dereito  da  Administración  a  determinar,  liquidar  e  esixir  o  pago  das  débedas tributarias, neste caso portuarias, liquidadas ou autoliquidadas.