Página Principal

Listado de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Acuerdo de ampliación del plazo máximo de resolución y notificación del procedimiento de suspensión de contratos y reducción de jornada por causa del COVID-19
Orde do 31 de marzo de 2020
Diario Oficial de Galicia - DOG Núm.65,xoves, 2 de abril de 2020
Organismo : Consellería de Economía, Emprego e industria
Organismo gestor: Secretaría Xeral de Emprego e as Xefaturas territoriais
ORDE do 31 de marzo de 2020 pola que se acorda a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación do procedemento de suspensión de contratos e redución de xornada por causa de forza maior que teñan a súa causa directa en perdas de actividade como consecuencia do COVID-19, incluída a declaración do  estado  de  alarma,  tramitados  pola  Secretaría  Xeral  de  Emprego  así  como  polas  respectivas  xefaturas  territoriais  en  función  dos  respectivos  ámbitos  territoriais de afectación.

En virtude do disposto no artigo 23.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en exercicio das competencias atribuídas no artigo 4 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, do Consello da Xunta, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria,

ACORDO: Declarar aplicable a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación de todos os  procedementos  de  suspensión  de  contratos  e  redución  de  xornada  por  causa  de  forza maior que teñan a súa causa directa en perdas de actividade como consecuencia do COVID-19 incluída  a  declaración  do  estado  de  alarma,  que  tramiten  a  Secretaría  Xeral  de Emprego e as xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ampliando cinco días o prazo previsto no artigo 22 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.