Listado de Medidas

Listado tabla de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Adianto do lanzamento das bases das subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras da provincia de Pontevedra para investimentos
BOPPO número 62, martes, 31 de marzo de 2020
Organismo : Deputación de Pontevedra
Organismo gestor: Deputación de Pontevedra (Servicios Administrativos)

ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 21 DE FEBREIRO DE 2020 POLO QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS COOPERATIVAS AGROGANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2020

BDNS(Identif.):499963

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

1. Beneficiarias/os

Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agrogandeira legalmente constituída da provincia de Pontevedra.

2. Actuacións subvencionables

Subvencións para apoiar ás entidades agrogandeiras en proxectos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto: a comercialización, transformación e valorización das producións, a formación técnica e innovación tecnolóxica, a posta en uso de enerxías renovables, actuacións para mellorar a calidade dos produtos, construcións, equipamentos, instalacións, reparacións en edificios e accesos os mesmos, mobiliario, e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados aos seus socios. As axudas para maquinaria agrícola non serán compatibles con outras axudas para o mesmo fin.

3. Lexislación aplicable

Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 21 de febreiro de 2020, Bases de Execución do Orzamento Provincial do ano 2020, Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, R.D. 887/2006, que aproba o regulamento da Lei Xeral de Subvencións, Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, e demais lexislación de aplicación.

4. Contía Subvenciones para investimentos

200.000,00 €

5. Prazo de presentación

Ante a situación de emerxencia de saúde pública e pandemia internacional, o Goberno aprobou o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, modificado en parte polo Real Decreto 465/202,de 17 de marzo, que determina a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público e, por conseguinte, na Deputación de Pontevedra. Deste xeito, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día que finalice o estado de alarma.

6. Outros datos de interese

• Solicitudes e documentación: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

• Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

• Criterios de valoración: os establecidos na base décimo primeira da convocatoria.

• Gastos subvencionables: os necesarios para o desenvolvemento da actividade obxecto de subvención.

• Compatibilidade: compatibles con outras axudas recibidas doutros organismos (salvo nos casos de adquisición de maquinaria) sempre que non supere o custo do investimento.

• Forma de pago: transferencia.

• Forma de xustificación: a través dunha memoria explicativa, acreditación da difusión da subvención, xustificación dos gastos e presentación de facturas.

• Prazo máximo de xustificación: a actividade ou o investimento deberá estar rematada antes do 31 de decembro de 2020, e deberá xustificarse antes do 31 de marzo de 2021.