Página Principal

Listado de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Modificación das bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas
Resolución do 31 de marzo de 2020 pola que se modifican as bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, publicadas mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 11 de febreiro) (código de procedemento IG535A)
DOG Anuncio O92-310320-0001
Organismo : Xunta de Galicia
Organismo gestor: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)
O Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 30 de marzo de 2020, acordou modificar as bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, publicadas mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 28, do 11 de febreiro de 2020).
 
A situación provocada pola epidemia do COVID19 está a ter un impacto na economía tanto a nivel nacional como internacional. Ante este contexto, o tecido empresarial galego e, en particular, os autónomos e as pequenas e medianas empresas pódense enfrontar a tensións de liquidez causadas por diferentes factores: caída das vendas, interrupción da actividade, menor demanda, falta de subministracións ou rescisión de contratos.
 
Por este motivo, a Xunta de Galicia considera necesaria a creación dunha liña específica para, por unha banda, conseguir que os autónomos e as pequenas e medianas empresas accedan ao crédito nunhas condicións preferentes que lles permitan atender as súas necesidades máis inmediatas, como o pagamento de salarios, de facturas, alugamentos ou impostos e, por outra, mobilizar os avais para a cobertura das operacións concedidas polas entidades financeiras e conceder reavais ás sociedades de garantía recíproca que as avalan. A liña está orientada á obtención de liquidez inmediata por parte dos autónomos e pequenas e medianas empresas. Dentro da liña, que permitirá mobilizar 250M€, habilítase un primeiro tramo de operacións avaladas por importe de 100M€.