Página Principal

Listado de ayudas

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Asesoramento a persoas emprendedoras e PEMES para facer fronte ao impacto económico e social
Organismo : Concello de Vigo
Organismo gestor: Servicio de Información, Vigo Emprende
O Concello de Vigo, a través do seu servizo de información "VIGO EMPRENDE", atenderá as consultas das persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas sobre as medidas urxentes extraordinarias adoptadas para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

A prestación de servizos de asesoramento a PEMES e emprendedores, incardínase dentro da Estratexia "DUSI Vigo Vertical", dentro do seu Obxectivo Temático 9, e estará coordinada polo Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local dependente da área de goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá.

As persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas poden dirixir as súas consultas a través do formulario colgado na web do Concello.