A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal saca músculo no Porto coa súa aposta pola innovación e a biotecnoloxía
17/04/2026
Vila Nova de Gaia, localidade veciña do Porto, acolleu este venres a xornada Conectar para Crecer, evento impulsado pola Zona Franca de Vigo, Abanca e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA), para poñer en valor a unidade transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal na innovación e na biotecnoloxía. A iniciativa contou coa asistencia do delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades; do presidente de BIOGA, José Manuel López Vilariño; do director da Rede de Empresas de ABANCA en Portugal, Nuno Alpalhão, e de institucións, empresas como Zendal coa presenza do seu CEO, Andrés Fernández, e centros referentes no sector biotech que xa levan tempo traballando conxuntamente.
O obxectivo é afianzar os lazos de colaboración entre os ecosistemas biotecnolóxicos da Eurorrexión e favorecer o nacemento e expansión internacional da armazón transfronteiriza a nivel ibérico. A sesión estivo orientada a potenciar as sinerxías entre Galicia e o norte de Portugal, fomentando a colaboración entre actores chave da biotecnoloxía de ambos os dous territorios e o intercambio de experiencias. De feito, nun diálogo estratéxico, as entidades participantes falaron das opcións de cooperación e as vantaxes para profundizar en futuras alianzas.
Na apertura institucional, David Regades, fixo un percorrido polas diferentes iniciativas do Consorcio no sector biotech, un sector estratéxico para a Zona Franca onde temos empresas e naves biotecnolóxicas nos nosos parques e unha relación moi fluída con compañías referentes como é o caso de Zendal. O delegado lembrou o traballo conxunto con institucións e centros de biotecnoloxía de España e Portugal cos que xa participamos ata en tres proxectos europeos. Sumar talento, capacidade investigadora e tecido empresarial, asegurou, nos fará máis competitivos. David Regades sinalou que este encontró non é só un espazo de diálogo, senón que pode ser o inicio de algo estable e converter este evento nunha cita anual, un espacio permanente de reflexión e coordinación estratéxica en torno á biotecnoloxía no Eixo Atlántico. Falo da creación dun foro, a Atlantic Biotech Alliance, que permita establecer prioridades, conectar proxectos con investimento e avanzar xuntos. O delegado do Estado na Zona Franca rematou a súa intervención cunha idea clara: o futuro da biotecnoloxía pasa por sumar territorios, conectar talento e mobilizar investimento.
Na xornada presentáronse os ecosistemas biotech galego e o portugués. O presidente de Bioga, José Manuel López Vilariño, e o conselleiro delegado da biotecnolóxica Zendal, Andrés Fernández, explicaron o potencial das empresas galegas, ecosistema que conta con 160 compañías que facturan ao ano máis de 2.000 millóns de euros e inviste 140 millóns en innovación cada exercicio. Ademais, xera 7.700 empregos, dos que 1.900 traballan en departamentos de I+D. Vilariño sinalou que reforzar os lazos biotecnolóxicos entre Galicia e o Norte de Portugal non e só unha cuestión de proximidade xeográfica entre comunidades veciñas, senón unha estratexia natural que permite converter a Eurorrexión nun verdadeiro polo de excelencia biotecnolóxica no sur de Europa.
Galicia e o Norte de Portugal contan con experiencia no traballo conxunto en biotecnoloxía. O programa Interreg POCTEP impulsou diferentes proxectos destacando iniciativas como CT-BIO e IberoBio. Estas iniciativas, apoiadas pola UE ao través da cooperación entre centros de investigación e empresas, consolidan un ecosistema transfronteirizo e posicionan á Eurorrexión como un polo de excelencia internacional en biotecnoloxía ademais de mellorar a competitividade empresarial, facilitar o acceso ao financiamento e promover a creación de sinerxías.
PRÓXIMOS EVENTOS
Investors Day VIAGALICIA
Viernes 05/02/16 · 09:00h
Última fase de la 3ª Edición de la aceleradora de empresas ViaGalicia. Una jornada organizada por el Consorcio y la Xunta de Galicia en la que todos los proyectos que han superado la fase de aceleración podrán presentar su empresa ante un panel de inversores públicos y privados para conseguir financiación.
Vigo, Pontevedra