Medida de apoyo

Medida de apoyo

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Ayudas a la inversión para la fabricación  de  produtos relacionados con el COVID-19
RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2020
Organismo : O Consello de Dirección del IGAPE
Organismo gestor: IGAPE

EXTRACTO da Resolución do 13 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19 (Inviste COVID-19) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG415B).

BDNS (Identif.): 506958.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Deberán levar, ou proxectar levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, que permita a fabricación de produtos relacionados co COVID-19.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar aqueles proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados co COVID-19, como os seguintes:

– Medicamentos (incluídas as vacinas) e os tratamentos, os seus produtos intermedios, os ingredientes farmacéuticos activos e as materias primas necesarias para a súa produción.

– Produtos sanitarios, equipamentos hospitalarios e médicos (incluídos os respiradores, a roupa e o equipamento de protección e as ferramentas de diagnóstico), así como as materias primas necesarias para a súa produción.

– Desinfectantes e os seus produtos intermedios, así como as materias primas químicas necesarias para a súa produción.

– Ferramentas de recollida/tratamento de datos.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 13 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19 (Inviste COVID-19) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG415B).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7701 e polos seguintes importes con cargo aos seguintes exercicios: 2.800.000 € con cargo ao ano 2020 e 2.200.000 € para o ano 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.