ACELERADORA

DE EMPRESAS Y EMPRENDEDORES
ViaGalicia Home

ViaGalicia

Seleccionados Aceleradora 2023
Convocatoria

Convocatoria

Selección de proxectos.

ViaGalicia es una aceleradora de carácter xeralista para proxectos innovadores de calquera sector produtivo, cun un programa conducido por un equipo de expertos, que combina formación, mentoring, e financiación..

En ViaGalicia acollemos todo tipo de iniciativas emprendedoras en calquera das súas fases. Se tes un proxecto innovador, invertible, acelerable e relevante, aquí tes o teu sitio..

Consulta aquí as NOVAS bases da convocatoria

Consulta aquí os prazos para a convocatoria

StartUp Day

Startup day

Selección de equipos.

Reunímosvos a todos os equipos (40 por sede), para convivir con vós e valorar a través de dinámicas e actividades, as vosas competencias e dotes emprendedoras, co fin de seleccionar os mellores proxectos (máximo 20 por sede), que pasarán á Academia.

Se o valor da idea é importante, moito máis é contar cun bo equipo.

Academia

Academia

Análise da proposta de valor e modelo de negocio.

Os 20 proxectos seleccionados por sede, comezades a fase de pre-aceleración, onde imos validar as vosas hipóteses de partida e consolidar os proxectos, mediante formación práctica, experimentos lean e networking..

Axudarémosvos a traballar o voso modelo de negocio e sobre todo a entender o proxecto dende a perspectiva de empresa..

Demo Day

Demo day

Presentación pública.

Chega a ocasión de poñer en práctica todo o aprendido na Academia: Os equipos saen a escena e defenden a súa proposta cun "pitch" ante o Comité Técnico e entidades colaboradoras..

É a ocasión de presentar os teus resultados e convencer ó xurado de que o teu proxecto é un do máximo de 15 que merece pasar á fase de aceleración..

Aceleradora

Aceleradora

Posta en marcha e financiamento.

É o momento de acelerar o teu modelo de negocio: durante 9 meses traballaremos conxuntamente no espacio de coworking de ViaGalicia (Nigrán) con titorías semanais, mesas redondas e sesións de networking.

Recibirás fondos para poñer en marcha o teu negocio e facelo crecer, a medida que alcances os fitos do plan de acción establecido individualmente co noso equipo de mentores. Isto facilitaralle a obtención das métricas necesarias en futuras roldas de investimento. 1,5 M euros de financiamento directo para impulsar os proxectos seleccionados

StartUp Day

Investors day

Presentación a Inversores.

E por fin chegamos ó final do camiño: tócache presentar o teu “pitch” ante un selecto panel de inversores nacionais e estranxeiros, tanto de carácter público como privado, e convencer de que o teu proxecto ten potencial de crecemento.

Agora tes a posibilidade de mostrar as métricas do teu proxecto antes os inversores para convencelos de apoiar a túa empresa.

7ª Edición 2022

Presenta o teu proxecto

Cremos nas persoas e nas ideas, queremos axudarche a facer realidade o teu proxecto baixo un modelo de negocio rendible e sostible..

Subscríbete e non te perdas nada
Zona Franca de Vigo
Xunta de Galicia
VigoActivo
XES Galicia
IGAPE
GAIN
Falamos?

Para calquera dúbida que poida xurdir, pode escribirnos e responderémosche en breve..

Escríbenos
Tamén podes visitarnos

Centro de Negocios Porto do Molle
Rúa das Pontes 4, 36350 Nigrán, Pontevedra

Telefono: 986 126 126

ViaGalicia